luns, 2 de xullo de 2012

O BNG DENUNCIA O RECORTE DE MÁIS DE 100.000 DE EUROS DE AXUDA PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAS NO PARO


“O BNG LEVA  A  PLENO TRES MOCIÓNS PARA QUE O PP DEA MARCHA ATRÁS NOS NOVOS RECORTES” 

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Fene leva ao Pleno ordinario do vindeiro xoves tres mocións relativas aos novos recortes do PP en diferentes eidos.
Por unha banda presentamos una primeira moción sobre o sistema financeiro galego, na que se demanda una Banca Pública, un referendo sobre o rescate á banca e na que se inclúe a solución do problema das persoas afectadas polas participacións preferentes e tamén se demanda una comisión de investigación aos responsábeis das caixas.
Por outra banda presentamos unha segunda moción  para que a Xunta de Galiza revoque o acordo de supresión das oficinas liquidadoras de taxas e impostos vinculadas aos Rexistros da propiedade que van provocar o despedimento de máis de 150 persoas e o alonxamento da xestión tributaria de moitos galegos e galegas. Entre os concellos afectados está Fene xa que a oficina que actualmente presta os servizos de liquidación de impostos está situada en Pontedeume e a partir do 1 de xaneiro a Xunta retiraralle o  servizo.
Por último  presentamos una moción contra os recortes da Xunta de Galiza nos Plans de fomento do emprego e nos Plans de formación. Nesta moción denunciamos o recorte de máis dun 70% das partidas dedicadas á contratación de  persoas no desemprego. Este feito  é dobremente negativo para o noso concello xa que ademais de empregar a unhas 14 persoas o concello beneficiábase dun importante reforzo en materia de servizos, protección civil e atención á dependencia. O BNG propúxolle ao goberno facer un Plan de emprego adicional con cargo ao orzamento municipal. O PP preferiu adiantarlle aos bancos 124.000 € de capital dos cretos bancarios.
Para o alcalde de Fene os bancos están por diante da xente, e as políticas de recortes á xente e de apoio á banca so van traer máis crise e desemprego.


6 comentarios:

  1. En Fene goberna o Partido Popular por culpa do BNG

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. En Fene goberna o Partido Popular por culpa do PSOE

      Eliminar
  2. En Fene goberna o Partido Popular, pola ambición de Juventino ( nin sequera galeguizou o nome ) e a incompetencia de Manuel Polo, que leva catro días vivindo en Fene e non ten nin idea do que pensa a xente. Dentro de tres anos xa veremos os resultados do BNG, se para daquela hai BNG en Fene,xa que todos os que levaron a que o BNG estivese na Alcaldía e no Goberno de Fene durante 28 anos, xa non están no BNG ( Chicho, Tomé, Alicia, etc,etc)

    ResponderEliminar
  3. Eu xuraría que isto xa o lera ou o escoitara! O bng en Fene, o que fai é traballar por Fene, pola comarca e polo pais. Calquera suxerencia, crítica construtiva ou proposta nese sentido é e será tida en conta. Con 20 anos na alcaldía, O bng entrou na historia e outros só entraron na histeria e válelles calquera argumento para disparar á diana e a diana en Fene sempre será o bng.

    ResponderEliminar
  4. Tes razón Digna o BNG en Fene xa pasou á Historia

    ResponderEliminar
  5. Que acción máis contundente, non falan cos veciños, non visitan as parroquias, non traballan no tecido asociativo de Fene, pero abandonan o Pleno para ver se son noticia en " La Coz de Galicia". ese é o BNG de Fene, expectáculo para a prensa, pero sen ningún traballo social.
    Polo és un campión

    ResponderEliminar