mércores, 5 de novembro de 2014

INDIGNACIÓN VECIÑAL CONTRA A REGULARIZACIÓN CATASTRAL EN FENE

Este foi o sentimento da xente que asistiu á charla informativa convocada polo BNG onte no Circulo de Perlío. Un nutrido grupo de veciños participou no acto convocado polos nacionalistas. Nas exposición do portavoz Municipal Juventino Trigo quedou claro que o afán do goberno do PP é puramente recadatorio coa imposición dunha taxa “multa” de 60 € por uns traballos que en moitos casos nin coinciden coa realidade.  


Outra das características do proceso de regularización catastral foi o escurantismo do goberno local á hora de non informar a ninguén.

Os veciños asistentes queixáronse dos erros na notificacións e da sobrevaloración dos galiñeiros, alpendres e garaxes así como a imputación de metros construídos de máis.


Juventino Trigo e Xesús Soto
Fronte a isto Xesus Soto Vivero, concelleiro de Facenda de San Sadurniño explicou o traballo participativo e informativo do seu Concello con toda a veciñanza para ir incorporando todos os bens inmobles no catastro sen taxa de 60 € nin procesos de alegacións, xa que ao facer o traballo de campo os valores catastrais obteñen o visto bo da propiedade.

Trigo manifestou que "todo o mundo comprobe a información que envía Catastro e se  detecta algo incorrecto que alegue e se se trata dun erro que pida a devolución da taxa”.












Ningún comentario:

Publicar un comentario