Ingresa o teu e-mail e recibe de xeito automático todas as novas que imos subindo.

Grupo Municipal




Juventino Trigo Rei

Alcalde e concelleiro de Facenda e Patrimonio.

De Perlío. Aprendiz de ASTANO que en 1987 foi, como moitos máis, expulsado do sector naval. Con 25 anos montou a Asesoría Perlío, negocio que dirixe na actualidade, é Graduado Social e Licenciado en Ciencias do Traballo.









Sandra Permui Meizoso

Concelleira de Persoal, Seguridade, Formación e Emprego e 3ª Tenente de alcalde.

De San Valentín. Traballa como Educadora Infantil. Foi 8 anos directiva do Centro de Promoción Social de San Valentín












Justo Martínez Ardá

Concelleiro de Urbanismo.

De Fene. Diplomado en Maxisterio na especialidade de Educación Física, delineante e Arquitecto Técnico, sendo esta a súa profesión, que desenvolve como traballador autónomo. Foi fundador da sociedade As Píntegas, que ten diversas actividades como fútbol sala ou chave. Membro da comisión de festas de Fene, foi xogador da SD Barallobre de fútbol.








Mariela Aguilar Prieto

Concelleira de Medio Ambiente.

De Maniños. Presidenta de Asociación etnográfica e ambiental AETNA. Membro da Comisión de festas de Maniños e ex directiva da Sociedade O Pote de Maniños. Traballou como autónoma.







Espazo web do Grupo Municipal: http://fenecidadan.net/grupos/bng.php?lg=gal